Mostrando entradas con la etiqueta Aventuras espaciais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aventuras espaciais. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de junio de 2016

EN MISIÓN DE PAZ




Laika e o Sputnik 2, Gagarin e a Vostok 1, Tereshkova e a Vostok 6, Armstrong, Collins, Aldrin e o Apolo 11… Nós e a nave Fontiñas 2016.










A construción levouse a cabo no mes de xaneiro coa participación de todas as nenas e os nenos de educación infantil. O día da paz estaba todo listo para un simbólico lanzamento. Cada grupo achegou aínda unha última peza e nós, as aulas de catro anos, fabricamos un satélite artificial e unha cámara de exploración.

E para o lanzamento desta misión de paz usamos a forza propulsora desta canción.



https://www.youtube.com/watch?v=PWQwmtn4PUo

miércoles, 13 de abril de 2016

Todos e todas viaxamos ao espazo

Aquí están as fotos de todas as nenas e todos os nenos de E. Infantil do noso colexio. Viaxando polo espazo. Visita a entrada do centro e busca!

lunes, 7 de marzo de 2016

Que medre a curiosidade!

Ver un camiño e botarse a andar. Chegar ata a liña do horizonte; pisala cos dous pés. A lúa, querer collela. A curiosidade está detrás de toda exploración; a curiosidade e tamén, a paixón polo coñecemento. Facerse preguntas e procurar respostas forma parte da historia da humanidade. É o motor que nos pode levar máis aló da liña do horizonte e mesmo, fóra do planeta. En educación infantil comezamos o 2016 embarcándonos nunha aventura espacial da que iremos dando conta neste espazo. comeza a conta atrás. e que medre a curiosidade!