lunes, 7 de marzo de 2016

Que medre a curiosidade!

Ver un camiño e botarse a andar. Chegar ata a liña do horizonte; pisala cos dous pés. A lúa, querer collela. A curiosidade está detrás de toda exploración; a curiosidade e tamén, a paixón polo coñecemento. Facerse preguntas e procurar respostas forma parte da historia da humanidade. É o motor que nos pode levar máis aló da liña do horizonte e mesmo, fóra do planeta. En educación infantil comezamos o 2016 embarcándonos nunha aventura espacial da que iremos dando conta neste espazo. comeza a conta atrás. e que medre a curiosidade!

  

domingo, 6 de marzo de 2016

Mulleres exploradoras e aventureiras

O 8 de marzo celébrase o Día da muller traballadora. Por tal motivo, o noso concurso de "mulleres que fan historia" consistente en adiviñar de que mulleres se trata logo de ler unha pista e ver a imaxe correspondente, este ano tratará sobre mulleres exploradoras e aventureiras: que exploraron países e continentes, mares e océanos...