lunes, 7 de marzo de 2016

Que medre a curiosidade!

Ver un camiño e botarse a andar. Chegar ata a liña do horizonte; pisala cos dous pés. A lúa, querer collela. A curiosidade está detrás de toda exploración; a curiosidade e tamén, a paixón polo coñecemento. Facerse preguntas e procurar respostas forma parte da historia da humanidade. É o motor que nos pode levar máis aló da liña do horizonte e mesmo, fóra do planeta. En educación infantil comezamos o 2016 embarcándonos nunha aventura espacial da que iremos dando conta neste espazo. comeza a conta atrás. e que medre a curiosidade!

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario