martes, 7 de junio de 2016

EN MISIÓN DE PAZ




Laika e o Sputnik 2, Gagarin e a Vostok 1, Tereshkova e a Vostok 6, Armstrong, Collins, Aldrin e o Apolo 11… Nós e a nave Fontiñas 2016.










A construción levouse a cabo no mes de xaneiro coa participación de todas as nenas e os nenos de educación infantil. O día da paz estaba todo listo para un simbólico lanzamento. Cada grupo achegou aínda unha última peza e nós, as aulas de catro anos, fabricamos un satélite artificial e unha cámara de exploración.

E para o lanzamento desta misión de paz usamos a forza propulsora desta canción.



https://www.youtube.com/watch?v=PWQwmtn4PUo

martes, 31 de mayo de 2016

O alumnado de 4º investiga...



Os alumnos e alumnas de 4º imos  estudar a 1ª volta ao mundo.

DOCUMENTÁMONOS



























COMERCIO DAS ESPECIAS

ESPECIAS





TRABALLAMOS


O NOSO  CÓMIC 






O NOSO RELATO DA 1ª VOLTA AO MUNDO



O NOSO TRABALLO CON SCRATCH





 O NOSO PROGRAMA DE RADIO 


Hoxe imos escoitar un programa de radio especial sobre a 1ª volta ao mundo e entrevistas cos seus protagonistas.
Temos que escoitalo e apuntar os nosos erros para melloralo.





jueves, 12 de mayo de 2016

Marco Polo

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria están a traballar en torno as viaxes de Marco Polo.

miércoles, 13 de abril de 2016

lunes, 7 de marzo de 2016

Que medre a curiosidade!

Ver un camiño e botarse a andar. Chegar ata a liña do horizonte; pisala cos dous pés. A lúa, querer collela. A curiosidade está detrás de toda exploración; a curiosidade e tamén, a paixón polo coñecemento. Facerse preguntas e procurar respostas forma parte da historia da humanidade. É o motor que nos pode levar máis aló da liña do horizonte e mesmo, fóra do planeta. En educación infantil comezamos o 2016 embarcándonos nunha aventura espacial da que iremos dando conta neste espazo. comeza a conta atrás. e que medre a curiosidade!

  

domingo, 6 de marzo de 2016

Mulleres exploradoras e aventureiras

O 8 de marzo celébrase o Día da muller traballadora. Por tal motivo, o noso concurso de "mulleres que fan historia" consistente en adiviñar de que mulleres se trata logo de ler unha pista e ver a imaxe correspondente, este ano tratará sobre mulleres exploradoras e aventureiras: que exploraron países e continentes, mares e océanos...

miércoles, 20 de enero de 2016

NÓS TAMÉN EXPLORAMOS!

Neste espazo poderemos ver os nosos traballos, experiencias, investigacións e recursos en torno ao proxecto: AS EXPLORACIÓNS.